Category Archives: 4º Eso

Contidos da proba escrita da 3ª avaliación. Todo esforzo ten a súa recompensa.

BLOQUE DE LITERATURA

Páx.9: As Irmandades da Fala.

Páx 11: Poesía Lírica e Poesía Narrativa de Ramón Cabanillas.

Páx 32: O grupo Nós

Páx.33: A obra de Castelao

Páx 83: A obra narrativa de Eduardo Blanco Amor

Páx 104: Cunqueiro, unha vida marcada pola Literatura

Páx 107: Xoxe Luis Mández Ferrín

Páx 133: Temas da obra de Celso Emilio Ferreiro

BLOQUE DE LÍNGUA

– Vocabulario visto ao longo do curso

– O til

– Formación do feminino e o plural do substantivo e adxectivo

– Os graos do adxectivo. Uso das partículas comparativas.

– O pronome átono e a súa colocación

– Sistema verbal.

– Contraccións C.D+C.I. da páxina 242

 

 

 

Aquí os deixo a cita para explicar e comentar.

«As miñas circunstancias non me deixan ser eu»

Autor: Ulises Vázquez Fernández.

Nesta ocasión vos deixo o documento de word coa teoría da colocación do pronome átono. Recórdovos que é un tema moi importante

colocación do pronome átono

Proba escrita Língua Galega.

A proba terá lugar o día 24.10.2013, xoves a sexta hora do voso horario.

Os contidos son os seguintes:

* Formación do plural e feminino do substantivo.

* O til e o til diacrítico.

* Todo o vocabulario visto nas clases

* As Irmandades da Fala ( páxina 9)

*  Biografía, Poesía Lírica e Poesía Narrativa de Ramón Cabanillas ( páxinas 10 e 11)

* Historia Social da Língua Galega ( 1900-1936); páxinas 24 e 25.

 

Ánimo. Non se esquezan de estudar e practicar.

Las funciones sintácticas oracionales

Utiliza esta información sobre las funciones sintácticas de la oración antes de realizar la práctica.

FUNCIONES SINTACTICAS ORACIONALES

En este enlace encontraréis muchos ejercicios prácticos para realizar.

Comprueba tus conocimientos sobre la oración simple.

Las funciones del lenguaje

En esta presentación podréis explorar las funciones del lenguaje, tal y como vimos en clase. Con los ejercicios interactivos, os será posible comprobar vuestro dominio del tema. Espero que os resulte útil.

Enlace aquí.

Además, tenéis este vídeo que os explica, de forma muy original, la misma información. Ya me contaréis.

Imagen de previsualización de YouTube

Premio literario concedido a Carolina Muñiz.

La alumna de 4º de ESO ,Carolina Muñiz Calvo, ha sido galardonada con el Premio Literario «Xaime Illa» de relato corto , organizado por el Concello de Poio; nuestra alumna decidió concursar a raíz de una redacción entregada para la clase de Língua Galega. El certamen, se dividió en siete categorías.  Carolina Muñiz se impuso en el relato corto de hasta 15 años. A continuación figura el enlace donde se refleja la noticia.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/09/jurado-xaime-illa-falla-premios-entregara-proximo-dia-17/806805.html

El viernes a las 17´30hs. acudirá a recoger su premio en metálico al cual se le añade un lote de libros en el Centro Cultural de Raxó. El Colegio Sek-Atlántico, todos sus profesores y compañeros están orgullosos de ella y la felicitan. ¡¡Enhorabuena Carolina!!. Este es su trabajo.

 

UNHA HISTORIA DE CAMBIOS

 

Cada un de nós é un punto, un punto nunha inmensa folla en branco cuxo único fin é ser borrado. Vivimos nunha sociedade materialista, ególatra, na que soamente somos recoñecidos por un número de identidade e na que os prexuízos sociais ocupan o máis alto escano.

Coma min, miles de persoas poderían contar algo parecido ao que a min me afecta, a miña historia. Esta historia podería partir dende distintos puntos, comezando pola infancia, abarcando a inconsciencia ou os problemas e rematando na presión social. Xa que, no noso caso, todo xira arredor dun número, un número que ven dado pola máquina máis temida, a balanza.

Hoxe en día, encontrámonos con un canon de beleza extremo, perfecto para quen lle guste, case inalcanzable. Unha simple primeira imaxe vence por riba de todo, incluso da intelixencia ou mesmo da sabedoría. Búscase unha silueta proporcionada, sen fallos, sen defectos, sen nada que criticar, algo normal para a maioría pero algo que eu considero imposible, algo que a moitos nos complica as cousas.

Cousas que afectaban o meu día a día, que o facían complicado. Todo comeza fai quince anos, a miña infancia foi considerablemente feliz, coma a de calquera neno, que vive nunha continua vida de cor de rosa onde a súa maior preocupación e ter as enerxías necesarias para enfrontarse a tódolos xogos que lle presentan os seus compañeiros; pero a miña vida se comeza a complicar arredor de meu décimo primeiro aniversario, é dicir, catro anos atrás. Eu sempre era a que sobresaía no colexio ou no meu grupo de amigos e non por unha razón que puidese considerar moi satisfactoria. Sentirse mirada por cuestión de diferenza, por non ser o común é un sentimento estraño que non agrada a ninguén e para o cal non somos educados dende pequeniños.

 

 

Ao final todo queda oculto trala cara. Podería considerarme unha lunática naqueles tempos, no meu interior tiña un mundo paralelo no que non quería que ninguén entrase. Un mundo creado pola burla e construído pola dor. O meu rostro só mostraba o que eu quería aparentar e o único que facía era alargar máis esa situación que xa era a miña forma de vida, polo que o meu personaxe nese imaxinario lugar non ía nin vai morrer nunca.

É moi clara a diferenza entre “Miña nai!, que gordiña está aquela” e “Mira esa moza!, é ben fermosa”. As persoas cun peso maior parecen ser unha clase de humanos diferentes, por unha parte están “os gordos” e por outra parte o resto do mundo; esta é unha designación capaz de provocar catástrofes inconcibibles no noso interior e que por moito que a sociedade avance, nese aspecto non se ve mellora ningunha .Todo afecta e sempre queda en nós, mais esa sensación hai que vivila para coñecela.

Dous anos atrás, nun momento de ánimo decidinme por outra vida, comecei a cambiar. O meu cambio non foi obrigado por ninguén, non se daba o caso de que alguén me dixera que podía deixar de ter aquel sentir, principalmente porque eu era a única coñecedora de el, só eu tiña a clave para facelo e por iso non quería a axuda que pretendían darme.

E todo isto debido a que nesta sociedade o meu maior inimigo por aquel entón era eu mesma.

 

Carolina Muñiz Calvo

 

Língua Galega

O próximo 17.05.2013 celébrase o Día das Letras Galegas. Os alumnos de 4º da ESO deben facer un traballo sobre a historia desta celebración o cal se complementará cun monográfico do homenaxeado no que deben reflectir a súa biografía e as súas obras máis salientables. Os estudantes terán plena liberdade para usaren calquera programa, sexa Power Point, Publisher, Prezi, Video Pad, Movizu…O prazo dátase para o día 15 deste mes.

Contidos da proba de galego do mércores 24.04.2013

– O xénero e o número no substantivo.

– O til.

– Identificación dos tipos de cláusulas e oracións.

– Adxectivos do carácter.

– Verbos regulares.

– Infinitivo conxugado.

– Páxinas 82,83,94 e95 ( vocabulario das dúas), 104,105,107,152 ( exercicios)

ADXECTIVOS ÚTILES PARA A DESCRICIÓN DO CARÁCTER. Pinchade no enlace para ver a presentación e estudiade o significado e o senso explicados na clase de cada un deles.

http://prezi.com/ope1avcthyl7