Category Archives: Letras Galegas

Carteis letras galegas

Carteis realizados polos alumnos de 3º de ESO cos autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Autores Homenaxeados nas Letras Galegas (1963-2014)

2014 Xosé María Díaz Castro

2013 Roberto Vidal Bolaño
2012 Valentín Paz Andrade
2011 Lois Pereiro
2010 Uxío Novoneyra
2009 Ramón Piñeiro
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
2007 María Mariño
2006 Manuel Lugrís Freire
2005 Manuel Lorenzo Varela
2004 Xaquín Lorenzo, Xocas
2003 Avilés de Taramancos
2002 Frei Martín Sarmiento
2001 Eladio Rodríguez González
2000 Manuel Murguía
1999 Roberto Blanco Torres
1998 Trobadores da ría de Vigo
1997 Ánxel Fole
1996 Xesús Ferro Couselo
1995 Rafael Dieste
1994 Luís Seoane
1993 Eduardo Blanco Amor
1992 Fermín Bouza-Brey
1991 Álvaro Cunqueiro
1990 Luís Pimentel
1989 Celso Emilio Ferreiro
1988 Ramón Otero Pedrayo
1987 Francisca Herrera Garrido
1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1985 Antón Losada Diéguez
1984 Armando Cotarelo Valledor
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1982 Luís Amado Carballo
1981 Vicente Risco
1980 Afonso X o Sabio
1979 Manuel Antonio
1978 Antonio López Ferreiro
1977 Antón Villar Ponte
1976 Ramón Cabanillas
1975 Xoán Manuel Pintos
1974 Xoán Vicente Viqueira
1973 Manuel Lago González
1972 Valentín Lamas Carvajal
1971 Gonzalo López Abente
1970 Marcial Valladares Núñez
1969 Antonio Noriega Varela
1968 Florentino López Cuevillas
1967 Manuel Curros Enríquez
1966 Francisco Añón
1965 Eduardo Pondal
1964 Daniel Rodríguez Castelao
1963 Rosalía de Castro

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Imagen de previsualización de YouTube

Curtametraxe en honra de Díaz Castro: Letras Galegas 2014

Imagen de previsualización de YouTube

A memoria de Manuel María xa recibe visitas en Outeiro de Rei

A Casa de Hortas xa é tamén Casa Museo Manuel María. A vivenda que pertenceu á familia do poeta e na que naceu o autor de «Elexías á miña vida pequeniña» xa é un lugar onde se garda a memoria do escritor e se amosan obxectos vencellados coa súa vida e coa súa obra.

Un acto celebrado este mediodía, cun número de asistentes superior á capacidade do inmoble, valeu como inauguración e como primeiro percorrido por unhas salas que se poderán visitar dende agora.

O secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, expliocu que a creación da casa museo era un «mandato» deixado polo poeta; o deputado provincial Mario Outeiro subliñou que o acto de hoxe supoñía a consecución dun obxectivo; a delegada da Xunta, Raquel Arias, dixo que se trataba dun acto de xustiza poética, e o alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, proclamou que a apertura era unha satisfacción.

Saleta Goi, viúva do escritor e presidenta da devandita fundación, salientou que coa apertura se cumpría un desexo do escritor e amosouse convencida de que o edificio contribuiría á dinamización turística. No acto non só houbo palabras senón tamén cancións, xa que Uxía cantou un poema de Manuel María.

Tras o acto houbo unha visita polas instalacións, nas que se exhiben libros do poeta xunto a obxectos vencellados coa súa vida e a súa obra. A xornada incluía logo una comida no campo de Santa Isabel.

Aos actos acudiron escritores como Darío Xoán Cabana, Paco Martín, Xabier P. Docampo, Cesáreo Sánchez ou Margarita Ledo. A presenza de cargos políticos tivo unha ampla presenza nacionalista, pois asistiron o deputado provincial Antonio Veiga e o concelleiro lugués Antón Bao ademais do voceiro parlamentario, Francisco Jorquera, e do nacional, Xavier Vence. A Deputaciónc coruñesa, que tamén achegou fondos para a rehabilitación do inmoble, estivo representada polo vicepresidente Antonio Cañás.

La Voz de Galicia
Xosé María Palacios

Luis Pimentel. Letras galegas 1960

Luís Pimentel, naceu en Lugo o 18 de Decembro do 1895 e morreu o 13 de Febreiro de 1958, na mesma cidade .Con 14 años escribíu su primer libro de poemas, inspirado nas lecturas de Rosalía de Castro. Estudou Medicina en Santiago de Compostela e, antes de dedicarse á poesía, fixo  exploracións na pintura e na música. No 1927 entra a formar parte da directiva do Círculo das Artes de Lugo.

TRISCOS

Esta obra de Pimentel supuxo un paso  xigante na poesía galega. Nesta obra apreciase unha síntese de movementos  vangardistas dentro y fora de Galicia. En 1924 publica os seus primeiros poemas na revista Ronsel, que logo foron expostos con outros poemas mais nesta obra publicada en 1950.

 SOMRA DO AIRE NA HERBA

Publicada en 1959, está considerada a súa obra cumbre, nela, Luís Pimentel dedícalle varios poemas a Rosalía de Castro.

BARCO SIN LUCES

Esta obra está escrita en castelán, publicada en 1960, incorporándose a terefa colectiva da literatura galega da preguerra.

Luis Seoane. Letras galegas 1994

Luis Seoane López , nacido en Bos Aires o 1 de xuño de 1910 e finado na Coruña o 5 de abril de 1979, foi un editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego. Veu de neno en 1916a Galicia e instálase na Coruña. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

De1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Durante esta época participou na campaña en prol do Estatuto de Autonomía. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en setembro de 1936 puido exiliarse a Bos Aires vía Lisboa. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

En 1937 publica o seu primeiro libro,Trece estampas de la traición.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante ou Cuco-Rei, a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como Editorial Citania,Editorial Botella alMar e outras; o Laboratorio de Formas de Galicia, xunto a Isaac Díaz Pardo, do que nacerá o complexo de Sargadelos, etc.). Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.

Regresou a España en 1960. Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

Obras Escollidas:

Fardel d´ eisilado, 1952.

-Na brétema, 1956.

-As cicatrices, 1959.

-A maior abondamento, 1972.

 

Francisco Añón. Letras galegas 1966

Francisco Añón Paz, un dos precursores do noso Rexurdimento, naceu en 1812 na aldea de Boel, pertencente ao concello da Serra de Outes, onde transcorrerían os seus primeiros anos de vida. Ingresou no Seminario compostelano en 1829 (ano da súa fundación), mais, tras cinco anos de formación teolóxica, acabará por abandonar o centro en 1837 sen ter recebido as ordes sacramentais. Decidiuse entón a cursar Xurisprudencia, estudos nos que se licenciaría en 1843. Catro anos máis tarde partía do país viciño rumo a Francia e Italia como secretario dun lord inglés. Tras esta viaxe instalouse en Sevilla, onde impartiu aulas de francés e italiano e continuou o seu labor como escritor e xornalista.

Despois destas experiencias Añón fixou a súa morada en Madrid en 1857, cidade en que colaborou con diferentes publicacións periódicas. A loubanza do progreso e o ton anticlerical dalgún dos seus textos serviron de inspiración á poética de Curros Enríquez, que colocou a Añón como protagonista de O divino sainete.

 Cesado no seu posto de oficial de arquivos en 1873, Añón viviu os seus últimos anos marcado pola miseria e a doenza. Finalmente, faleceu en 1878 no madrileño Hospital da Princesa a causa dun cancro, sen poder ser enterrado na Galiza por ninguén ter 


OBRAS:
corrido cos gastos do translado.

Poesías Galegas: publicouse en 1928

Vida e obra de Francisco Añon: publicado en 1991

 

Samuel Charlín

Manuel Murguía

Naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo. Os seus pais foron Juan Martínez Castro e Concepción Murguía Egaña. No Liceo da Xuventude, coñeceu a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e o máis inquedo da mocidade compostelá e alí formouse a súa mentalidade progresista e a súa vocación literaria. A primeira novela, escríbea cando tiña 17 anos, pero non tardou en descubrir a súa verdadeira vocación, a de historiador. O 17 de maio de 1913 réndeselle na Coruña unha magna homenaxe co gallo do oitenta aniversario do seu nacemento. En 1916 nacen as Irmandades da Fala e dous anos máis tarde ten lugar en Lugo a I Asemblea Nacionalista.

Algunhas das súas obras son:

  • Los Precursores, 1886:
  • Galicia, 1888.
  • En Prosa, 1895.

Morre o 1 de febreiro de 1923.

 

María Sobrino

Manuel Curros Enríquez

Curros Enríquez naceu o 15 de septembro do ano 1851 en Celanova e morreu na Habana o 7 de marzo do ano 1908. Foi un poeta español do Rexurdimento representante da lingua galega. Era fillo do escribán Xosé María Curros de Vázquez có que tubo algúns conflictos e de Petra Enríquez. Entre decembro de 1875  febreiro de 1876 escribe as Cartas do Norte, crónicas da Terceira Guerra Carlista publicadas como corresponsal do xornal o Imparcial.

A Virxe do Cristal. Publicado en Ourense en 1877, o poema relata unha historia con base popular.

En 1880 Curros publica Aires da miña terra cando un obispo publica un edicto condenando o libro por conter proposicións heréticas, blasfemas e escandalosas, e foi condenado a prisión dous anos.

Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Añón.

 

Enrique Cos