Category Archives: Libros

Mi pompa hace ¡pum…!

Una casa, un parque, un columpio con su vaivén, una pompa de jabón… una vida. Cierro y abro los ojos. Llega la guerra. La pompa en la que me reflejaba en mi niñez, nos envuelve ahora a todos y nos aisla de Europa. La guerra empeora progresivamente y  la burbuja no cede ni explota. Tras noches en vela pienso y decido que la única forma de salir de ella será adentrándose en el mar, las pompas explotan al contacto con el agua. Cojo mi álbum de fotos y, junto al rebumbio de las gentes, nos penetramos en el espumoso mar a la luz de la luna. Gomaespuma era la línea de la que tendía mi vida, pero el destino quiso romperla. Cierro los ojos, pero ya no los vuelvo a abrir. ¡Pum…! La burbuja por fin ha explotado, pero lo ha hecho en medio del océano. Qué ironía que lo que antes me hacía feliz, acabe llevándome a la muerte.

Sofía Pastor (Ganadora II Certamen de Microrrelatos-4ª Categoría)

La contingencia del destino

Érase un salmón adulto y cien más de su especie en la época de desove. Este, como todos los demás, nació en el río y creció en el mar; pero debe volver a su lugar natal para poner los huevos. Este salmón ha conseguido sobrevivir la fuerza de la contracorriente, esquivar depredadores, pasar por rápidos… todo sin comer. Por suerte lo ha conseguido, pero sus hermanos y muchos otros del grupo han muerto, pues no es un viaje fácil.

En Siria, los salmones son cada una de las personas que busca desesperadamente su destino; los depredadores y cada obstáculo son la policía fronteriza, las mafias, o las armas terroristas. El río, Europa; y las posibilidades de sobrevivir en el recorrido para el desove, son semejantes a las de los refugiados para encontrar un lugar donde empezar una nueva vida segura.

Sofía Prieto (Ganadora II Certamen de Microrrelatos-3ª Categoría)

Ceder o no ceder

No quería ceder, cerrar los ojos. Quería ver el mundo una vez más. Aunque su mundo no existía. Había perdido todo. Pero quería ver el mundo una vez más. Oía los llantos de la gente, como ella, sin hogar ni lugar en el mundo. Eran refugiados. Sentía como la sacaban del agua y la depositaban suavemente sobre la arena. Veía los rostros demacrados que quedaron grabados a fuego en su mente. Pero, poco a poco, el ruido enmudeció. Los colores se apagaron. Cada vez hacía más frío. De repente, una voz, dulce y potente a la vez, le dijo que todo había pasado. Le dijo que podía ceder. Y cedió.

Carlota Riveiro (Ganadora II Certamente de Microrrelatos SEK-Atlántico-3ª Categoría)

II Certamen de Microrrelatos SEK-Atlántico

En esta II edición del Certamen de Microrrelatos SEK-Atlántico el tema propuesto a los alumnos ha sido «Los Refugiados». El fallo del Jurado ha sido el siguiente:

1ª Categoría (1º-2º y 3º de EP)

GANADORA : Inés Ramírez (2º EP)

2ª Categoría (4º-5º y 6º EP)

GANADOR: Álvaro Santos (5º EP)

3ª Categoría (1º-2º-3º ESO)

Por la calidad de los microrrelatos presentados el jurado ha decidido dar dos premios de manera excepcional.

GANADORAS: Carlota Riveiro (1º ESO) y Sofía Prieto (2º ESO)

4ª Categoría (4º ESO y Bachillerato)

GANADORA: Sofía Pastor (4º ESO)

El jurado ha destacado la calidad de todos los finalistas de esta segunda edición.

Yolanda Castaño emprende unha nova xeira poética en «A segunda lingua»

scaleA Voz de Galicia

Responde cunha anécdota á pregunta de por que o seu novo, e premiado, poemario leva por título A segunda lingua (Arte de Trobar): «Se quere ser atendido en castelán, prema 1; se quere ser atendido en galego, prema 2». E vai máis alá, xa que «ás veces aínda que premas o 2 a resposta é en castelán», apunta Yolanda Castaño. A poeta recibe hoxe, ás 19 horasna Fundación Novacaixagalicia da Coruña, o premio de poesía que leva o nome da entidade polo poemario A s

egunda lingua. No mesmo acto será presentado a obra, que publica despois de sete anos; neste tempo fixo poesía para nenos, traducións e libros colectivos, pero non unha obra de «poesía para adultos, que é o que fago habitualmente».

Confesa unha das cousas que lle deu máis satisfacción deste premio: «O xurado non recoñeceu a miña escrita, non sabían que era eu e levaron unha sorpresa cando abriron a plica». Isto débese a que «neste libro hai un cambio grande, desaparece moito ese eu que estaba moi presente nos anos mozos, e que é lóxico, para dar unha visión sobre o mundo e sobre a existencia», explica a gañadora do principal premio de poesía en Galicia. E un cambio que vai «daquela época de efervescencia a un proceso máis demorado da escrita». Tamén salienta que A segunda lingua ten «unha linguaxe máis clara, nada pretenciosa, cun toque riquiño, aínda que cando digo istocada quen entende unha cousa»

Adianta Yolanda Castaño que nesta obra «hai moito do que significa enfrontarse ao mundo cunha lingua e tamén de facelo cunha lingua estranxeira, que tan necesaria é hoxe en día».

A ironía é outra das características deste poemario que marca, sen dúbida, unha nova etapa na traxectoria literaria desta autora.

A MALDICIÓN DE ODI

Fai  máis de mil anos, a terra na que habitaban as bruxas e bruxos, o mundo máxico, estaba gobernado pola madre O e o seu cetro de poder. Os séculos e séculos nos que O reinou sobre a faz da terra, foron tempos de paz, sen loitas, sen hambre, sen sequías e sen morte. Mais cando as dúas fillas desta, Om e Od, comezaron discutir sobre quen das dúas herdaría o cetro de poder a terra cambiou de ciclo, e a paz e armonía desapareceron, dando lugar a tristeza e a desesperanza.

Om e Od sempre tiveran problemas, xa que aínda que eran irmás non tiñan os mesmos puntos de vista, nin as mesmas opinións. Debido a esta “rivalidade” comezou a guerra entre elas. Esta guerra cubriu o ceo e a terra de tristeza, dor e morte. Om, intentan

do olvidar a súa vida pasada e a súa cruel irmá, fuxiu coa súa filla, Omi, agochándose nunha cova durante máis de 500 anos.  Todos os séculos que Om estivo agochada foron aproveitadaos pola súa irmá, a cal conseguiu subir ó poder persuadindo a madre O. Cando Om e Omi saíron do seu escondite, quedaron horrorizadas polo  aspecto do seu mundo pasado; as flores e as árbores deixaran de florecer; os ríos, os mares e lagos perderan o seu brillo, e os animais perderan a súa maxia e alegría. Horrorizadas do que Od e Odi (a filla desta) fixeran, proclamaron a chegada da elexida do cabelo de lume. Aquela, que según elas, salvaría as bruxas e devolvería a paz ó mundo. Pola contra, Odi que codiciaba en secreto o trono da súa nai, proclamou unha profecía escura, na que explicaba que a elexida do cabelo de lume fracasaría na súa misión como bruxa e se deixaría levar por todos aqueles desexos que o seu corazón máis desexara, sendo así arrastrada ao lado escuro, un camiño do que non podería  fuxir. Cando esta morreu deixou unha ampla descendencia; bruxas, que coma ela, codician o poder e a maxia, as bruxas Odish, coñecidas hoxe en día por ser sanguinarias asasinas de bruxas Omar. Omi tamén tivo moitas descendentes, que como ela, viven agochadas das bruxas Odish, descendentes de Odi, esperando a chegada da elexida do cabelo de lume, as bruxas Omar.

Moito se perdeu na guerra da madre O, mais de todos os misterios que nela apareceron e que nela se contaron non foron comparables a pérdida misteriosa do cetro de poder de O. O cetro lle proporcionaba a madre O a enerxía necesaría para reinar no mundo e cubrilo de paz. Conta a lenda que a propia O, antes de que Od subirá ó poder tirou o seu propio cetro as entrañas da terra , lugar onde solo a elexida do cabelo de lume podería acceder, lugar onde o poder do cetro estaría oculto ata que, chegado o momento, a elexida da profecía de Om, puidera blandilo e gobernar en paz a todas as bruxas do mundo máxico.

Anaíd oíra moitísimas veces esta vella lenda, Selenne soía contarlla cando tan solo era unha nena. Agora cos seus 15 anos non lle parece só unha simple lenda. Se todas as bruxas derivan de Od e Om, significa que esa parte da historia e certa, mais ninguén lle quere falar da parte mala da historia, se Od e Om existieron, e grazas a unha destas a elexida chegou o mundo, a profecía de Odi vaise cumprir? Estando tan enamorada de Roc, fillo de Elena, amiga Omar de Selenne e membro do clan da Loba como ela, como vai Anaíd atopar o cetro, gobernar as bruxas, loitar na súa guerra e destruir as bruxas Odish? Demasidas cousas para facer nun só día. Tras pensar moito no seu futuro como bruxa, Anaíd parte cara as Canarias na busca do cetro de poder. Alí comezará grazas a todas as Bruxas Omar de todos os clans existentes a súa preparación como bruxa xa iniciada. Aprenderá a utilizar as forzas do aire, do vento, da auga e do lume co propósito de facer máis fortes os seus poderes para así poder destruir as Odish. A duda a invade, destruir as Odish non é acaso destruir unha parte da súa familia? Non é ela unha Odish tamén, sendo o seu pai un bruxo Odish?

Todas estas dudas provocan que o cetro sea atopado e que caia no seu poder. Mais poderá Anaíd resistirse ó seu poder e cumprir a súa misión? Que bando desaparecerá, Omar ou Odish? Conseguirá o amor de Roc? A loita das bruxas será iniciada? Terás que ler o libro para sabelo …

O desenalce da triloxía das bruxas nos chega a manos de novas aventuras, risas, misterios e novos persoaxes que axudarán a A naíd na súa misión. Como todos os últimos libros é triste pechar as súas páxinas e acabar de ler os seus capítulos, mais os recordos  dos bos momentos vividos ao ler o libro permanecen sempre. Recordos, misterios, aventuras e risas que recordarás para sempre con este tercer e último libro de Maite Carranza, o final dunha moi boa triloxía.

María Trujillano

O Clan da Loba

 

O Clan da Loba é  o primeiro libro da triloxía  “A guerra das bruxas”, escrita por Maite Carranza. Este libro conta a historia de Anaíd, unha moza  española habitante dun  pequeno pobo dos Pirineos.

Anaíd nunca foi coma todos os mozos  e mozas da escola, sempre foi  moi tímida   e moi pequena físicamente, xa que cos seus 14 anos de idade, non aparenta máis de 8. A súa vida da un máxico xiro cando unha mañá  a súa nai, Selenne desaparece sen deixar rastro. A repentina marcha da súa querida nai afecta moito a Anaíd, mais cando despois de horas e horas buscando a Selenne  volve a súa casa, dase conta de que non está soa, xa que alí, no seu familiar dormitorio, onde sempre xogou coas bonecas, onde sempre durmiu escoitando os ruidos dos animaliños nocturnos, alí  no seu cuarto, que era o seu escondite particular, no cal podíase refuxiar do mundo e esquecer todo a súa tristeza, había dous estraños seres que non semellaban estar vivos  pero que tampouco semellaban estar mortos, dous seres que nunca vira ,alí había dúas pantasmas.

Desde a morte da súa avoa, Anaíd non volveu ser a mesma. Oía cousas estrañas pola noite, veía alucinacións, facía cousas raras coa mente… mais esa vez non era unha alucinación, algo estaba a pasar, algo do que Anaíd quería formar parte.

Desde a  desaparición de Selene, Anaíd comeza sufrir cambios, comeza a crecer e aparentar máis da súa idade. Esto estraña as amigas da súa nai, Elena e Karen, que se poñen a investigar sobre o tema. Investigando descubren que  o estraño retraso de crecemento de Anaíd está provocado pola súa nai, a cal lle daba medicamentos para evitar o seu crecemento. As cousas se poñen máis raras coa visita da súa tía avoa, Casilda. Coa súa tía, Anaíd descubre que non é unha simple moza calquera.  É unha bruxa Omar. As Omar son unha clase de bruxas ordinarias  que preferen levar a súa vida máxica en secreto. Viven en clanes, que son pequenas agrupacións de bruxas  dun mesmo poboado ou área xeográfica.

As amigas da súa nai, a súa tía Casilda, a súa nai e ela mesma pertencen O Clan da Loba, do cal a súa avoa tiña a xefatura. Existen millóns de clans Omar arredor de todo o mundo; O Clan da Serpe, O Clan da Formiga, O Clan do Golfiño, O Clan da Balea, O Clan do Oso…

Todos os Clans Omar viven agochados e con medo das temerarias e  sanguinarias bruxas Odish, inimigas desde tempos remotos  das Omar e bruxas  inmortais. As Omar viven agochadas entre os humanos sen case utilizar a maxia, xa que esta é a única maneira que teñen de garantir a súa supervivenza, que depende  das xóvenes bruxas Omar, as cales son desangradas  polas Odish  para obter a súa sangue  e así aumentar a súa inmortalidade.

As bruxas Odish son moito máis poderosas ca as Omar, e só unha vella profecía pode garantir a supervivenza das Omar; a chegada da elexida do cabelo de lume.

Todas as pistas apuntan que a elixida da profecía é Selenne; xoven, fermosa, delicada, co cabelo da cor do lume…     Mais coa chegada ao pobo de Anaíd dunha estrañísima muller de pel pálida, a señora Olav, as cousas cambian de parecer, xa que a pequena Anaíd, a cal todo o mundo tomaba como insignificante, desenvolverá aínda máis os seu poderes de bruxa Omar, ata o punto de superar as súas profesoras Omar.

Ela, Anaíd irá en busca da súa nai Selenne, que se atopa capturada  polas Odish, xa que estas coma todas as bruxas do planeta pensan que é a elexida da profecía. Mais ela non é máis que unha pista falsa para ocultar a verdadeira elexida da profecía das Omar; Anaíd. O seu problema de crecemento e a cor marrón do seu cabelo, non eran máis que pistas falsas para despistar as Odish da verdadeira elexida. Anaíd terá que rescatar a súa nai das garras das perigosas Odish e realizar a súa misión; levar a cabo a guerra das Bruxas, guerra na que un bando ou outro, Omar ou Odish, deixará de existir.

É un relato moi interesante e bonito que expresa de forma especial a aventura vivida por unha nena que non tiña pensado acabar sendo a bruxa máis poderosa do mundo. Non é un libro para só ler senón para ler disfrutar e crear coa mente unha imaxe real da historia, ponerte no lugar da protagonista e vivir os feitos como se foras ti o que os vive. Disfrutar da historia, ler, rir, chorar, emocionar… cousas que este libro pode garantir. Ademáis de unas estrañas ganas por sabes como continúa! Acabar de ler un e comezar ler o seguinte!!!!!

María Trujillano
3º de ESO

 

Reseña Literaria: Os dous de sempre

A historia vai de dous nenos pequenos chamados Rañolas e Pedriño. Pedriño deixa a súa familia para converterse en crego e por iso vai a vivir con a súa tia que se chama Ádega. E Rañolas vaise de viaxe con o seu burro Pedriño foi expulsado por lambón do seu traballo, pois estaba todo o día pensando en comer. Porén, despois conséguelle un posto na administración de facenda, a cambio de 100 pesos que lle dá a tía. En ese traballo non estaba cómodo porque o todo mundo se burlaba de el. Con todo, coñece unha rapaza costureira coa que casa e ten un fillo e unha filla. Non se leva ben coa sogra, e para evitar andar pola casa vai comer por tabernas cun compañeiro, pero gasta moitos cartos. Con o paso do tempo, morren a tía Ádega .
Logo comezou a roubar, gastando os cartos en merendolas. Al ser descuberto, marcha a Arxentina, indo a traballar á Pampa cun curmán. Estivo traballando como tendeiro e como pastor de ovellas , e despois regresou á cidade. Alí intenta asasinar a súa sogra cun coitelo. Desde ese momento dona Fillomena comeza a respectalo, e conséguelle un traballo cómodo no concello.
Rañolas vai polas feiras cunha parella, e cruza os Pireneos cun afiador, e chega a Lourdes. Alí pasa un tempo aforrando cartos, e logo chega a París onde traballa vendendo prensa. Logo despois de un tempo quixo regresar a súa terra e traballou como reloxeiro.Al cabo de un tempo suicidase poñendo una bomba na súa casa.

Kateryne Alonso

 

Reseña literaria: Morgún

Morgún. O título é o nome do irmán, irmá, amante e madre do fillo do protagonista; significa lobo máxico, polos acontecementos que lle acontecen a esta persoa, está escrita por Suso de Toro.
O noso protagonista chamado Dau Branos, que significa “Dous Corvos”; explícanos as súas fazañas con Morgún, un bebe encontrado e que acolleron: Eran dous nenos xemelgos un era Dau Branos e o outro chamase Cara de Xenio. Eles ían co seu pai a costa a coller alimento, mais o protagonista foi a unha praia que chamoulle a atención na que encontra un bebe, o seu pai estaba de acordo con Dau Branos sobre acollelo mais Cara de Xenio que era o favorito do seu pai xa que era o mellor entre os dous na loita e outros mesteres que os seus pais estábanlles a ensinar non quería mais ó final acolleron o bebe e levárono con eles a súa casa . Vivían no castro reinado polo usurpador Corrub.
Corrub é o usurpador do castro do seu pai chamado Brath xa que o matou para poder reinar, xunto coa esposa do seu pai contra a súa voluntade; esta foi involuntariamente a que incitou a Corrub a matar o seu pai. Corrub tiña unha lanza máxica chamada a Lanza Feroz, coa que íase a protexer do seu pai, xa que un vello druída dixo que os deuses como vinganza a Corrub polos seus feitos, déronlle o poder de revivir ó seu pai outra vez nun novo corpo para matar ó usurpador. O vello druída tiña como discípulo a un fillo de Corrub chamado Duas Linguas, que nada mais oír que o novo corpo de Brath vai entrar no castro foi a decirsello ó seu pai. Corrub tomou medidas e preparouse para saír e matar a aquel que lle quería arrevatar o seu trono.
Dau Branos, Cara de Xenio, o seu pai e o seu novo irmán entraron no castro; mais escoitaron que un lobo andaba polos arredores, Dau Branos e o seu novo irmán foron a casa coa nai acompañados do pai e Cara de Xenio foi a matar co resto da xente o lobo. A nai era bruxa e decidiu adoptar o neno.
Corrub saíu á entrada do seu castro onde encontrou a Cara de Xenio, entón o usurpador matouno pensando que era Brath; cortoulle a cabeza e levouna con el. O pai foi mais tarde a caza do lobo e encontrouse o fillo tirado no chan morto, este comezou a gritar e a insultar a aquel que asasinou o seu fillo inconsciente de quen ouvise sido, o rei escoitouno e mandou matalo.
Dau Branos e a súa nai saíron e os viron, chorando foron onda os corpos. A súa nai comezou a conxurar unhas palabras que maldicían o usurpador, e que fixeron que o irmán xemelgo de Dau Branos fose a súa sombra para axudalo e aconsellalo. A nai falou co druída vello quen lle aconsellou que fuxisen a outro lugar polo novo fillo que adoptaron, a nai comezou a descubrir que ese bebe, non era normal e que proviña da maxia ou dos deuses e que tiña un destino moi importante o cal tiñan que descubrir.
Colleron unha barca e marcháronse a o castro de onde proviña a nai mais foise para casarse co seu defunto marido. A avoa de Dau Branos tiña alí unha cabaña na que viviron varios anos. Acabaron chamando ao novo individuo Pel de Lobo, o cal medrou  normalmente.
Traballando, Dau Branos e Pel de Lobo; atacáronlles un grupo de nenos os cales querían alimento e obrigáronlles a levalos a súa casa. A súa nai non estaba, e Pel de Lobo quería pertencer o seu bando mais por isto o líder da pandilla case mata a Dau Branos se non fose
pola intervención da súa nai e coa sangue do medio irmán. Este arrepentido foi castigado coa pandilla que lles atacaron sendo lobos durante sete anos. Pasados os sete anos a nai transformou a Pel de Lobo en humano outra vez, mais por sorpresa era unha muller; e cambioulle o nome por Morgún. Tamén cambiou ó resto dos lobos que viñan con ela. Morgún e Dau Branos xa non eran irmáns, se non que algo cambiou, Morgún era unha muller e a nai díxolle que fixese o amor co seu irmán Dau Branos e ter un fillo. Así foi, e unha vez que deu a luz ao fillo era hora de que marchase de casa para descubrir o seu destino mais acompañada por seu irmán e os compañeiros dela que a acompañaron durante sete anos; o fillo de Morgún e Dau Branos quédase na casa coidado pola súa avoa.
Buscando o seu destino recorren e conquistan lugares, hasta chegar os arredores do reino do usurpador; alí atopan ao vello druída que lle di o que lle acontecerá a súa vida: Morgún é a reencarnación de Brath e se entra no castro do usurpador morrerá mais ten que facelo xa que se entra alí, vingarase e matará a Corrub.
Morgún non quería morrer mais tiña que facelo, preparou aos seus homes e comezaron a loitar; os únicos que quedaron deles foi Morgún e Dau Branos que metéronse no castelo buscando ao usurpador. Ao encontralo, Corrub mandou pasar o mordomo, este traía ao fillo de ámbolos dous cun coitelo no seu pescozo e tamén encontraron a Duas Linguas, o fillo do usurpador mais que tamén resultou ser un dos membros da pandilla; Morgún furiosa mata o mordomo, o usurpador aproveita o despiste de Morgún e matouno, o neno colleu o coitelo que tiña o mordomo morto e matou a Corrub, Duas Linguas fere a Dau Branos e este mata a Duas Linguas.
Tras un encarnizado final, o fillo de Morgún e Dau Branos márchase a criarse coa súa avoa ata que teña a idade para reinar nos castros. A cabeza de Dau Branos e o seu irmán xemelgo que o acompañou toda a vida, foron cosidos no corpo dun corbo e de aí o nome de Dau Branos.
Penso que o libro é moi imaxinativo pero demasiado para o meu gusto, o final resultou ser demasiado esaxerado mais a trama e a forma de resolver as incógnitas moi boa.

Andrea Quintá

Reseña Literaria: A noite que Wendy aprendeu a voar

“A noite que Wendy aprendeu a voar” é unha novela policiaca de acción cunha muller policía como protagonista, chamada Wendy, quen debe enfrontarse soa con asasinos perigosos carecendo practicamente de experiencia neste tipo de casos, pois acaba de saír recentemente da academia de policía.

O autor revélanos o significado do título do libro que aparentemente nada ten que ver co que vai ser o seu contido, querendo significar que Wendy, a protagonista, esa noite descubrirá os perigos que deberá correr nunha profesión na que terá que enfrontarse a todo tipo de situacións, con asasinos, xente sen escrúpulos e ollando a morte moi de cerca. Explica que precisamente esta será a noite na que Wendy aprenda a voar.
A novela comeza relatando que Wendy Aguilar e Roger Dueso son axentes de policía, compañeiros de traballo e tamén parella que principian a ronda dun sábado calquera con un código 60, que alerta dun asasinato, ocorrido na vía Augusta, informándolles por radio dende a Central dun tiroteo, xente armada e perigosa.
Cando chegan ao lugar dos feitos atópanse cun cadáver nos chanzos que conducen á porta principal dunha mansión, unha criada que chora sen parar e a viúva do morto, que parece saber do sucedido máis do que aparenta.
Xa na escea do crime, os ollos de Wendy baten coa ollada asustada dunha nena, que observa escondida entre os colectores do lixo como se a presenza policial a intimidase. Wendy chama a nena e esta pega media volta e bota a correr. Wendy a persegue, logrando descubrir a través da cativa tódolo ocorrido nese día, pois a nena é peza clave no acontecido naquela noite, xa que forma parte da banda de ladróns que entraron na casa a roubar .
A rapaza aclara a Wendy que o obxectivo dos criminais non era o de matar o dono da casa, senón o roubo dunha alfaia que se escondía na cámara secreta que se atopaba na biblioteca da mansión. Trátase dunha xoia chamada o “Ollo de Deus”, un diamante que en palabras do coleccionista Marc Asín é una lenda que pode significar a resurrección dunha das organizacións secretas máis temibles “Os Iluminati”. Precisamente este coleccionista de xoias, que aparentemente colabora coa policía para saber a quen lle pode interesar o roubo desta alfaia, é o autor de tódala trama, quen encarga o roubo do “Ollo de Deus” a unha banda de ladróns cuxo cabecilla é un home apodado “O Garrao”.
Na novela distínguense dous escenarios. Por unha banda fala de Wendy, relata as súas pescudas mentres persegue á nena, describindo escenas de acción envoltas en violencia, con persoaxes malvados e perigosos… Pola contra , na mansión onde aconteceron os feitos
atópase o seu compañeiro, Roger Dueso, que coa colaboración doutros axentes de policía interrogan á criada e a muller do morto, descobren por Wendy á existencia da cámara secreta onde se atopan obxetos relacionados cos nazis e os masóns.
O autor da novela envólvete na descricións das esceas, de xeito que semellas entrar a formar parte delas. De feito nun dos capítulos narra que Wendy é atrapada polos asasinos que deciden matala, e foi arroxada ao fondo do mar atada por un pé a unha máquina moi pesada e o autor describe a escena de xeito que parece que ti afogas coa protagonista, sentes a mesma asfixia. Desexas axudala…, que todo acabe. Respiras por ela xa que o tempo pasa e temes que afogue de verdade.
É unha novela intrigante, interesante polos temas que se tratan e que che deixa coa dúbida de saber si os feitos que se relatan relacionados coa historia nazi e dos masóns son reais ou maxinarios.

Diego Crespo Ramírez.