Category Archives: Lingua Galega

A esmogra

Velaquí a película de Gonzalo Suárez baseada na obra de Blanco Amor, A esmorga.

Imagen de previsualización de YouTube

A Consellería de Cultura e Educación amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores

Xabier P. DoCampo, Pedro Feijoo, Inma López Silva, Manuel Lourenzo González e María Reimóndez incorpóranse a este espazo na Internet para a proxección exterior das letras galegas

O catálogo suma xa 20 autores e autoras da literatura galega actual, dos que se ofrece unha mostra das súas obras máis representativas traducidas ao inglés

Santiago, 2 de xaneiro de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse do libro.

Co obxectivo de seguir promovendo a proxección internacional das letras galegas a través da rede, o Portico of Galician Literature (www.galicianliterature.com) incorpora unha mostra en inglés de obras de Xabier P. DoCampo, de Pedro Feijoo, de Inma López Silva, de Manuel Lourenzo González e de María Reimóndez. Cada escritor e escritora conta cunha foto e biografía en inglés, xunto cunha sinopse das obras ‘O libro das viaxes imaxinarias’, ‘Os fillos do mar’, ‘Memoria de cidades sen luz’, ‘Atl’ e ‘Pirata’, e mais a tradución de 40 páxinas de cada un destes libros.

En 2014, o portal exterior da literatura galega tamén integrou fragmentos de obras traducidas ao inglés de Diego Ameixeiras, Rosa Aneiros, Elena Gallego Abad, Xavier Queipo e Anxos Sumai, mentres que en 2013 se ampliou o catálogo con extractos textuais de Suso de Toro, Xavier Alcalá, Teresa Moure e Antón Riveiro. Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Miguel-Anxo Murado, Anxo Rei Ballesteros e Manuel Rivas completan a relación de autores deste portal das letras galegas en inglés, que suma xa 20 nomes representativos da literatura galega actual.

Un escaparate en inglés para as letras galegas
Ademais da información sobre os escritores, das sinopses e da tradución dalgúns fragmentos, o portal tamén serve de escaparate para a difusión de títulos da literatura galega publicados en inglés, entre os que se inclúen ‘Merlín e familia’, de Álvaro Cunqueiro; ‘A lingua das bolboretas’ e ‘O lapis do carpinteiro’, de Manuel Rivas; ‘Memorias dun neno labrego’, de Xosé Neira Vilas; ou ‘Bestiario dos descontentos’, de Miguel Anxo Murado.

O portal web, que ofrece un breve percorrido pola historia de Galicia e da súa literatura, foi posto en marcha en 2012. O obxectivo desta iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Cultura é converterse nun referente da literatura galega para o ámbito anglófono e, en xeral, para a proxección internacional das letras galegas.

Impulso á proxección exterior do libro e da literatura
Para apoiar a internacionalización do libro e da literatura galega, a Consellería de Cultura e Educación tamén promove a colección en inglés Galician Classics, editada xunto con Small Station Press, na que viron a luz obras de referencia da literatura galega como ‘Galician Songs’, a primeira tradución completa ao inglés do poemario de Rosalía de Castro ‘Cantares gallegos’; ‘Herba aquí ou acolá’, de Álvaro Cunqueiro; ‘Longa noite de pedra’, de Celso Emilio Ferreiro; unha escolma poética de Lois Pereiro e o poemario ‘Nimbos’, de Xosé María Díaz Castro.

Outras das principais medidas facilitadoras da chegada da produción literaria galega ao exterior é a convocatoria de axudas á tradución, que contribúe, ao mesmo tempo, ao acceso da cidadanía galega aos textos producidos noutras linguas, e o apoio á participación do sector editorial galego nas principais feiras internacionais do libro.

Fonte da información: Observatorio da lingua galega.

A palabra galega do ano é: Refuxiado

 Cun total de 417 votos, refuxiado é a palabra máis destacada do ano que remata, na opinión de ao redor de 1.700 persoas que participaron na iniciativa do Portal das Palabras para escoller colectivamente a Palabra do ano 2015. Refuxiado impúxose na fase de votación ás outras cinco finalistas –feminicidio, rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario–, as máis populares de entre as 170 que se xuntaron na primeira fase de propostas.

 

En segunda posición, con apenas doce votos de diferenza, sitouse feminicidio, un termo creado ad hoc como reflexo dunha situación alarmante no relativo á violencia de xénero. Nas primeiras semanas do ano vindeiro, dedicarémoslle un Mira-que-din a esta palabra, sobre a que non existe polo de agora un pronunciamento normativo. O terceiro posto, e tamén por unha escasa marxe, foi para rechouchío, dando conta da consolidación das formas de noso no ámbito das redes sociais.
O contexto da elección de refuxiado.

Ao longo do ano, como resultado da violencia en Oriente Medio, en particular da guerra de Siria, produciuse unha crise humanitaria internacional, con milleiros de persoas obrigadas a fuxiren dos seus países de orixe cara a Europa. A chamada “crise dos refuxiados” detentou o interese informativo e circularon imaxes que provocaron un grande impacto na conciencia social, ao tempo que se publicaban milleiros de textos, noticias e comentarios sobre o tema, facendo de refuxiado unha palabra clave e de máxima actualidade neste 2015.

Fonte da información: Portal das Palabras

 

 

Folla de valoración traballos monográficos

Se pinchas no enlace que aparece a continuación poderás descargar a folla de valoración dos traballos.

VALORACIÓN TRABALLO LITERATURA

A esmorga: Representación teatral

Os vellos non deben de namorarse

Os outros feirantes

A orella dereita de Antón de Leivas

 

Tristán García

 

O verdugo

 

 

 

 

O incerto señor Cunqueiro

As perífrases verbais en galego

[photofade]

Traballando coa léxico da medicina e GoAnimate

Os alumnos de Pai IV está realizando unha tarefa interdisciplinar entre Lingua e Literatura Galego e Artes. A actividade consiste na realización dun vídeo co programa GoAnimate que se utiliza para a elaboración de vídeos animados empregando o léxico relacionado coa medicina. Aquí deixamos algunhas imaxes dos alumnos traballando nesta actividade.

[photofade]