Category Archives: 3ºeso

Carteis letras galegas

Carteis realizados polos alumnos de 3º de ESO cos autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Final de Torneo de Debate 3º ESO

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Imagen de previsualización de YouTube

Somos meterólogos

Nesta ocasión a tarefa consistiu na elaboración dunha predición meteorolóxica para traballar co léxico relacionado co tempo meteorolóxico. Aquí podedes ver algúns exemplos do traballo realizado.

Curtametraxe en honra de Díaz Castro: Letras Galegas 2014

Imagen de previsualización de YouTube

Campo semántico da saúde e a enfermidade

A continuación podedes ver cada unha das vosas intervencións na tarefa de léxico relacionado co campo semántico da saúde e a enfermidade. Así poderás ver cales son os erros cometidos no teu traballo e corrixilos para próximas tarefas.

 

Cen anos do Pergamiño Vindel

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cen anos do pergamiño de Códax – Faro de Vigo

Visitamos o Museo de Pontevedra

A día de hoxe, 13 de outubro de 2013, aínda non se inventou unha “máquina do tempo”, ata agora mesmo; ás seis da tarde. Un mestre de ciencias sociais farto de ter que explicar a historia dunha forma aburrida na que todos os nenos prestaban atención na clase a todo menos a súa explicación; decidiu investigar e experimentar para poñer en marcha o seu proxecto, unha viaxe no tempo.

O profesor non chegou a ser tan xenio como para transportalos ao pasado, pero si que conseguiu que as súas mentes se transportasen ao pasado. A fantástica idea que se lle ocorrera era crear un museo. Este museo estaría feito para alumnos, porque lles contaría a historia dunha forma distinta, en especial a historia de Galicia.
Ao entrar no museo o primeiro que fixeron foi coller un brazalete, era unha imitación dun brazalete do tesouro de Caldas de Reis, exposto nese museo. Este brazalete servía para que a medida que ían entrando en salas se viran nos espellos con roupas desas épocas.
A sala que primeiro visitaron foi a do Paleolítico, alí encontraron diferentes utensilios de caza feitos con pedra, como machadas con múltiple usos. A outra metade da sala era do Neolítico. Nesa parte tamén encontraron machadas, lanzas feitas de pedra e coitelos; pero estas pedras estaban puídas.
O que lles chamou moito a atención aos alumnos ao verse reflectidos nos espellos foron as súas vestimentas, parecían que todos viñan deses tempos, con traxes feitos con peles de animais e ósos no pelo. Aínda que ían semellaban persoas desa época, o que máis lles gustou desa sala foi a representación dun dolmen , un pequeno “templo” onde enterraban aos mortos (cada tribo, familia ougrupo tiña un destes); cos idolillos (figuras de pedra que non se sabe se representan aos mortos ou a os deuses) na entrada e a mámoa(capa de terra e pedras) que ía por encima do dolmen. Tamén chamoulles moito a atención o que viron ao entrar no dolmen; todas as cousas que acompañaban aos mortos como as xoias, chamado enxoval funerario.
A seguinte sala era a parte dos castrexos na Idade dos metais. Nesta sala os alumnos parecían vestidos como soldados romanos. Nesta sala atoparon parte do tesouro de Caldas de Reis; moitos elementos feitos con metal como espadas, pendentes, xoias, broches … Os metais máis empregados eran o ouro, a prata e o cobre xa que eran fáciles de derreter.
Ao pasar á parte dos romanos, á historia, encontráronse con moitos elementos decorativos, en especial feitos de pedra. Os romanos ao conquistar aos castrexos, tamén adaptaron costumes dos castrexos,como a de levar moitas xoias, sobre todo os soldados.
A última sala do viaxe trataba sobre os sacrificios feitos polos romanos e as formas de enterrar aos falecidos.
Os romanos tiñan unhas pias para cando tiñan que sacrificar a un animal facelo alí, era coma un lugar especial, xa que os sacrificios facíanse en honor aos deuses. A parte de sacrificar animais e persoas en honor aos deuses, tamén había persoas que facían altares para eles; anacos de pedra tallados con debuxos e gravados. Respecto ás persoas, cando alguén falecía se era rico ou tiña seres que o querían moito, se lle facía unha ara na que poñía o seu nome, a idade coa que morreu, quen fixera esa ara para el ou ela e tamén contiña algúns elementos decorativos.
E así, con esta visita, ao seu propio museo, o mestre de ciencias sociais conseguiu que os alumnos aprenderan a lección nun día en vez de en dúas semanas e dunha forma moito máis divertida e sinxela para eles.

Carlota Maceiras
3º de ESO B

Visitamos o Museo de Pontevedra

Hoxe é martes o que significa que imos o Museo de Pontevedra, agora mesmo estou no autobús que está adeterse diante do Mercado Municipal; baixo do autobús, todo o mundo está a falar cos compañeiros dolado. Poñémonos en marcha, despois dunhas cantas rúas chegamos ao sexto edificio do museo, o Sarmiento.

No interior do museo somos recibidos pola que será a nosa guía, Paula, que explica que o edificioSarmiento foi en orixe a sede do Colexio da Compañía de Xesús, pero que dende 1981 forma parte dosedificios que compoñen o Museo. Chegamos á sala onde están expostas as mostras arqueolóxicas do Paleolítico, o Neolítico e as Idades dosmetais, Paula comezou a falar dos bifaces, armas feitas con pedras do estilo da cuarcita das que íanquitando lascas ata conseguir un fío cortante. Mentres falaba eu observaba as vitrinas recheas de burdasferramentas talladas ha miles de anos, e comecei a imaxinar como vivían estes homes e mulleres…
Paleolítico Superior. Ano 12000-5000 a.C. :
Espertei como todas as mañás, levanteime e fun zona ampla da cova. Como todos os días os poboadoresfacían as súas tarefas uns fabricaban bifaces, outros preparábanse para ir a cazar ou buscar prea coas súasarmas de madeira, óso e pedra, moitas mulleres traían os froitos recollidos no bosque, e as demaislimpaban peles para facer prendas de vestir; o típico día nas nosas vidas…
Neolítico. Ano 5000-2000 a.C.:
Hoxe era un día triste na nosa pequena vila, o xefe morreu e estamos a construír unha mámoa para él e osfuturos mortos. O primeiro paso na construción das mámoas é marcar o terreo no que se colocaran osgrandes megálitos, que servirán de paredes, o seguinte e colocalos cos gravados na pedra na parte interior;despois o recubriremos con terras e cunha capa exterior de pedras, por último poñeremos a anta, que é agran pedra superior. Só queda celebrar o ritual depositar o corpo do xefe na cámara ao final do corredor epoñer od idolillos na entrada. Despois do enterramento volveremos as nosas vidas cotiás, moito máisdoadas que as dos nosos devanceiros que no coñecían a agricultura e a gandería para obter alimento.
Idade do Bronce 2250-700 a.C.
Temos unha nova forma de facer armas, utilizando un novo metal, o bronce, é moito máis fácil demodelar ca pedra ou o óso, tamén fabricamos xoias, eu ao ser a muller do xefe teño as mellores xoias deouro. Temos unha nova forma de arte na que inscribimos nas pedras dos montes, estas inscriciónschámanse petróglifos.
*Aparte do bronce tamén comezaron a traballar o ouro e a prata.
Etapa castrexa (700-1 a.C.) e romanización (a partir do 1 a.C.)
Hai dous semanas que vimos chegar uns barcos polo mar, o vixía do castro, que é o tipo de vilas nas quevivimos, composta por chozas redondas de pedra con tellado de palla, avisounos, fanse chamar romanos,e falan unha lingua chamada latín. Trouxeron moitos utensilios das súas terras coma uns círculosredondos e metálicos chamados moedas. Traballan un material que non temos aquí, a mármore, fan unhasesculturas marabillosas, que nos tratamos de imitar en granito sen moito éxito.
Beatriz Pais
3º de ESO A

Luis Pimentel. Letras galegas 1960

Luís Pimentel, naceu en Lugo o 18 de Decembro do 1895 e morreu o 13 de Febreiro de 1958, na mesma cidade .Con 14 años escribíu su primer libro de poemas, inspirado nas lecturas de Rosalía de Castro. Estudou Medicina en Santiago de Compostela e, antes de dedicarse á poesía, fixo  exploracións na pintura e na música. No 1927 entra a formar parte da directiva do Círculo das Artes de Lugo.

TRISCOS

Esta obra de Pimentel supuxo un paso  xigante na poesía galega. Nesta obra apreciase unha síntese de movementos  vangardistas dentro y fora de Galicia. En 1924 publica os seus primeiros poemas na revista Ronsel, que logo foron expostos con outros poemas mais nesta obra publicada en 1950.

 SOMRA DO AIRE NA HERBA

Publicada en 1959, está considerada a súa obra cumbre, nela, Luís Pimentel dedícalle varios poemas a Rosalía de Castro.

BARCO SIN LUCES

Esta obra está escrita en castelán, publicada en 1960, incorporándose a terefa colectiva da literatura galega da preguerra.