Category Archives: Bacharelato

A esmogra

Velaquí a película de Gonzalo Suárez baseada na obra de Blanco Amor, A esmorga.

Imagen de previsualización de YouTube

Folla de valoración traballos monográficos

Se pinchas no enlace que aparece a continuación poderás descargar a folla de valoración dos traballos.

VALORACIÓN TRABALLO LITERATURA

A esmorga: Representación teatral

Os vellos non deben de namorarse

Os outros feirantes

A orella dereita de Antón de Leivas

 

Tristán García

 

O verdugo

 

 

 

 

O incerto señor Cunqueiro

As perífrases verbais en galego

[photofade]

CORRECCIÓN COMENTARIO CRÍTICO: COMER ALIMENTOS TRANSXÉNICOS?

1.- Tema

Os riscos da manipulación xenética dos alimentos

2.- Esquema de ideas

  1. Os alimentos tranxénicos proveñen de organismos vivos modificados xeneticamente mediante diversas técnicas.
  2. Estas técnicas descubríronse na investigación pública, pero axiña foron acaparadas por empresas, máis preocupadas por intereses económicos ca científicos.
  3. Non se ten un coñecemento exacto do funcionamento do material xenético.
  4. A seguridade destas técnicas para a saúde humana e ecosistémica aínda está por probar presentan riscos: a ameaza á diversidade xenética.
  5. É preciso endurecer as normas existentes sobre a liberación e comercialización de organismos manipulados xeneticamente.

3.- Comentario crítico

  1. O nacemento dos produtos transxénicos: orixe e finalidade.
  2. A importancia dos produtor transxénicos na sociedade actual: vantaxes e prexuízos.
  3. A lexislación sobre transxénicos: necesidade e características.

Corrección comentario crítico: Barrio Galego

Resumo:

O texto trata sobre a inmigración en Bos Aires e como os inmigrantes traen consigo os seus costumes e estilo de vida, deixando así a súa impronta persoal na cidade e contribuíndo a dar forma a barrios enteiros. Non obstante, un grupo de inmigrantes acada especial relevancia en Bos Aires, a pesar de non ter barrio de seu: os galegos. E non se pode falar dun barrio propio porque a súa pegada esténdese a todas as partes, de xeito máis ou menos visible.

 

Tema:

A importancia dos inmigrantes na conformación das grandes cidades.

 

Comentario crítico:

Estes son algúns dos aspectos que deberías analizar no teu comentario crítico.

1.- Os diferentes destinos da emigración galega segundo as datas:  no século XIX a América, no século XX  e XXI a Europa.

2.- Como estas comunidades galegas manteñen o seu vínculo de unión a través dos Centros Galegos con Galicia.

3.- Igual que outras comunidades de emigrantes tratan de manter a súa identidade a través da cultura e da lingua.

4.- A importancia da emigración galega a América: Cuba, Bos Aires, Montevideo.

5.- A emigración galega a Europa despois de rematada a II Guerra Mundial, sobre todo a Francia e Alemaña, e como participan no desenvolvemento ecómico deses países.

6.- A ruptura familiar que supón a emigración: os nenos quedan a cargo dos seus avós e os seus país marchan a traballar a Europa ou a América.

7.- A boa aceptación que teñen os emigrantes galegos polo mundo en contraste con outras comunidades de emigrantes.

8.- A emigración de galegos con formación académica na actualidade fronte á emigración menos cualificada do século XIX e tamén do XX.

 

 

Corrección comentario crítico: É cousa de mulleres

1. O tema do texto: A desigualdade entre homes e mulleres.

2.  Un posíble título: «A ocultación das mulleres con talento» ou«Onde están as mulleres deportistas?»

3. Temas a tratar no comentario crítico:

  • O trato desigual que se lle dá aos éxito do deporte fenimino: recoñecemento público, primas, repercusión na competición nacional.
  • A presenza escasa de patrocinadores no deporte feminino.
  • A falta de público e o menosprezo que se fai ao deporte feminino.
  • As dificultades que teñen as deportistas para chegar á elite.
  • Cobertura  que lle dan os medios ao deporte feminino.