Category Archives: Parlamento Xove

Parlamento Xove 2014

Non. Consumistas

Un trato: 3 minutos do seu tempo a cambio dunha viaxe. Que tal Marrocos? Concretamente, Tánger. Mozos que permanecen lonxe dos 18 anos. Xornada laboral de 54 horas semanais. O,36 euros a hora. Sen contrato. Sen seguro.  Sen calidade de vida. Viaxemos polas súas paupérrimas condicións, polo seu sufrimento, polo seu descontrol… O si o prefiren, viaxamos  a China, a Brasil, a lugares onde o panorama non cambia.

Agora, paren. Regresen a España. Preséntolles a Amancio Ortega, a Inditex e ós 1,85 millóns de euros que ingresa ó día. Millóns que posteriormente dona a Cáritas, e desta forma, establece na súa conciencia unha calma co fin de xustificar tanto diñeiro obtido dunha forma moralmente ilegal. Preséntolles a un pirata dos mares do capitalismo, a un multimillonario e, por se lle quedan dúbidas, a un explotador.

Non me falen dun consumo responsable, é dicir, dun consumo consciente e crítico, cando esta empresa prevén duplicar as súas ventas en 2013 a pesar de que todos, xoves e adultos, coñecen os medios de produción que utilizan. Fai falta moi pouco para que a xente esqueza o roubo, a sementeira de miseria, a explotación e a escravitude. Termos que xa non interesan.

Sen embargo, síntome obrigada a facer uso doutros termos que priman na actualidade: caprichosos, egoístas, ególatras, individualistas, inseguros, mimados, manipulados, culpables… consumidores? Non. CONSUMISTAS. Consumistas consumidos polo consumismo. Triste pero certo.

A crise que ameaza con conquistarnos. Xoves que xogan a ser adultos descoñecendo o valor do diñeiro. Familias que viven por enriba da súas posibilidades. Publicidade que abusa da vulnerabilidade e da credibilidade dos adolescentes prometéndolles felicidade, éxito social e prestixio persoal. Un grupo que establece límites á integración e á igualdade. E, por último, un mundo de aparencias e prexuízos que abarca a nosa sociedade e nomea protagonista á imaxe que se mostra ó exterior.

 

Patricia Lojo

Colexio Internacional Sek Atlántico

A selva do consumo

Nunha cadea alimenticia existen diversos helos ordenados un detrás doutro, interrelacionaros mediante un reforzado nó de independencia que produce un equilibrio entre tódolos seus compoñentes, dende o máis pequeno ata o máis grande. Dende un punto de vista formal pode tratarse dunha relación necesaria creada pola sempre sabia Nai Natureza e da que nós, os seres humanos, formamos parte.

Sen embargo, poderiamos situarnos no lugar do león perseguindo á gacela a través da vasta sabana. Poderiamos ser nós os cazadores de presas, os que posúen a facultade indiscutible de apoderarse daqueles situados nos niveis inferiores no seu propio beneficio.

Non se atopa moi afastada da realidade a imaxe do mozo danzando por esa sabana consumista na procura de novas presas, novos modos de entretemento, un concepto renovado e moderno que lle aporte unha visión diferente á que estaba afeito. Preséntaselle neste punto unha inmensa variedade de sutís elementos dispostos a iniciar unha carreira de recoñecemento por parte do seu seleccionador. Coma un enorme equipo de fútbol agardando a seren convocados para o encontro deportivo máis importante das súas respectivas existencias, a aceptación da súa calidade coma produto.

Non obstante, a proxección deste dispenso pode verse fortemente influído por unha das sacudidas dun suposto foráneo, non experimentado ata o momento, un centrifugado dos parámetros considerados lóxicos, ordinarios e naturais. Unha forte seca bateu no medio conxénito daquel león, rei da sabana. A calor, a falta de auga e a extenuada e espremida avidez. A áxil e dilixente gacela, mantén unha ollada penetrante e directa ó escultural carnívoro. Ten coñecemento pleno de que as súas facultades xa non teñen nada que envexarlles ás do seu eterno adversario, se ben, prosegue no seu cometido, o de provocalo e atraelo ata o límite da tolemia.

Descoñece a gacela a extraordinaria capacidade de xuízo que se exhibe na intrínseca persoa do león, apto para discernir que unha sílfide non pode compararse cun sinxelo prato de gachas. Con todo, atópase o seu ben estar sobre o seu instinto animal? Podería considerarse trivial o feito de reflexionar sobre o flanco oposto á ventura e comodidade, mais botando unha ollada ó baleiro os monstros ocultos detrás do frontón da supervivencia. Deixar de lado a custodia da dignidade e beneficencia semella a actitude máis razoable, prudente e menos utópica cá preferencia do subsidio dunha man de metal oxidado.

Daralle as costas o león á gacela? Deixarala desorientada e confusa dándolle voltas ó aparente plantón que presenciou. Haberá que agardar á fin da seca para que o depredador retome a súa ocupación que lle foi concedida. Mentres, recorrerá ós nimios bocados flamíxeros, esquecendo perante unha provisional temporada nereida do seu furor interno.

Agora o mozo pecha a porta da súa vivenda. Esboza un sorriso satisfeito e tranquilo. Non o necesitaba, o mundo non está para mofas e a economía non permite o dispendio irracional. Suxeita entre as súas mans e esencia anterior que mudará en louzá. A súa complicidade esténdelle a man á responsabilidade e raciocinio. Agardará o león á gacela pero non a gacela ó león?

Marta Ferreira Ocampo                                                                                        Colexio SEK-Atlántico