AMPLIACIÓN MARÍA PARDO

Reseña literaria. Tristes armas

Tristes Armas. O título en si mesmo é xa unha descrición da tristura que acompaña a toda guerra. E de guerra o do que trata esta novela curta escrita por Marina Mayoral.

 En plena Guerra Civil española  dúas nenas, Rosa e Harmonía, son levadas a un orfanato para que os seus pais poidan loitar nesta guerra que enfronta veciños. Ao continuar o enfrontamento, os pais deciden mandalas a Rusia, mais o día do embarco só o seu pai Miguel está presente. Carmiña, a nai, quedouse no fronte coidando dos feridos e, cando finalmente chega, as nenas xa embarcaran e foille imposible velas. Neste momento, a autora, facendo un uso impecable do léxico galego descríbenos a perfección o sufrimento de dúas nenas que deben soportar o saber de que pode que non volvan ver ós seus pais en moito tempo, e que finalmente non poidan despedirse da súa nai acaba por romper algo aquí dentro, onde todos gardamos a compaixón polo próximo. Como ben di Harmonía, a situación recorda á lenda de Pardo de Cela.

A partir deste momento a historia desenvolverase en dous frontes. Por unha parte as nenas chegan a Leningrado, onde son acollidas por unha muller moi agarimosa chamada María do Mar. Mentres, en España, a batalla continua. No novo fogar das nenas lévanlles xoguetes e asisten a escola, mais Harmonía non pode deixar de pensar nun neno que o día do embarco parecía o máis triste. Non choraba e tampouco se vía a ninguén que o acompañara. O rapaz chamábase León. Na escola, como proxecto, mandáronlles escribir unha carta ós seus pais, mais o cerre de fronteiras evitou que chegase o seu destino.

Ó mesmo momento, os pais das nenas continuaban a loita ata que, un día, Miguel morreu. Entón Carmiña xa non puido máis. Conseguiu fuxir de España a Francia e alí, con un pouco de axuda, foi a Arxentina. A guerra rematou e a carta que escribiran consigue traspasar as fronteiras pero, non hai ninguén para recibila. Que tristura, non so non puido chegar a bo porto a carta senón que as pequenas nin sequera saben que son orfas de pai!

O tempo pasa e comeza outra guerra, a Segunda Guerra Mundial. Toca volver a trasladarse pero por sorte mantéñense xuntos. Na súa nova residencia poderán contemplar unha actuación do Bolshoi, unha das escolas de baile máis prestixiosas de Rusia. Neste momento Rosa descubre a súa vocación, o baile.

A situación de Carmiña en Arxentina e canto menos mala. Vai de traballo en traballo ata que, finalmente e graza a un golpe de sorte, coñece a un bo home de negocios que acaba por pedirlle matrimonio. Logo, trasládanse a Estados Unidos, e Carmiña, ao ter cidadanía estadounidense, non pode contactar cas meniñas para rescatalas ao estar en bandos inimigos na guerra.

O tempo pasa e León e Harmonía por fin se declaran. Rosa consegue entrar no Bolshoi e ser bailarina. Despois de moitos anos, ó fin, conseguen volver a súa terra, a Galicia, a que nunca deixaran de estrañar.

A carta que escribiran hai tantos anos, é entregada as nenas( xa non tan nenas) e deciden gardala como recordo do dano e da tristura que sempre traen consigo os conflitos bélicos.

En resumen, é unha historia apaixonante que describe a perfección o único que se consigue con guerras, nenos sen pais e tristura por anos.

Miguel Melón

Reseña literaria. Tristes armas

O libro titulado Tristes Armas, comeza no orfanato da Nosa Señora do Cristal, Galicia. Alí encontrábanse dúas das nosas protagonistas, Harmonía e Rosa, dúas irmás que, afectadas polas consecuencias da Guerra Civil, estaban a piques de ser levadas a Rusia.

A descripción que se nos dá ó longo de todo o libro sobre Harmonía, a irmá maior, móstranos dunha manera moi sentimental a rápida madurez que tivo que adquirir esta rapaza para soportar o sufrimento que causoulle a guerra e a separación dos seus pais. Por outra parte, Rosa, asemella unha rapaza alegre, vivaracha e moi estrovertida, aínda que ao pricipio tivese certos problemas para estar separada da súa irmá.

O libro ten escenas as cales reflexan perfectamente e fante sentir a dor das familias afectadas pola contenda que estaba a ocorrer en España, como pode ser o tramo no cal as nenas emprenden a viaxe ata Rusia, e non poden chegar a despedirse da súa nai, posto que o barco zarpa antes de que ela chegue. Como non se puideron ver, as dúas meniñas escribíronlle unha carta á nai que nunca chegaría.

O bo que ten este libro e o que te engancha é que non só mostra as vivenzas da guerra e a dor, senon que mestura todo iso coas experiencias persoais tanto das rapazas como do pai e da nai.

Do pai, Miguel, aínda que non o mencione, podemos ver perfectamente a coraxe e a forza que tiña, ó morir loitando polo que defendía na Batalla do Ebro.

Carmiña, que así se chamaba a nai, era unha Muller forte e loitadora, comezou axudando coma enfermeira dos roxos na guerra, e máis tarde tivo o valor de, sendo muller naquela época, marchar soa a Francia e despóis a Arxentina onde coñeceu o seu seguinte marido, aínda que Miguel sempre estaría no seu corazón.

Por outra parte, as rapazas refixeron a súa vida en Rusia, onde Harmonía casou con León un mozo que coñeceu no barco e chamoulle a atención posto que era o único rapaz que non choraba; e Rosa fixo unha carreira coma bailarina e incluso conseguiu entrar na escola de danza máis cotizada de toda Rusia.

A pesar de todo isto elas nunca se separaron e moitos, moitísimos anos despóis regresaron a súa Galicia querida. Aloxáronse no que unha vez fora o seu hogar, e un día, de súpeto e por sorpresa chegou aquilo onde estaba plasmado todos os recordos e sufrimentos da terrible historia que lles acontecera, chegou a carta que a súa nai nunca lera.

África Vázquez

 

Reseña literaria. Tristes armas

Todo o mundo coñece a dramática historia daqueles nenos que tiveron que emigrar a Rusia a causa da guerra civil en España. Aquel país descoñecido no que moitos deles (por non dicir todos eles) tiveron que labrarse unha nova vida quedándose soamente co recordo das súas familias, amigos e vivezas da súa vida en España.

Nesta obra, a autora, Marina Mayoral plasma varios temas de fondo que relaciona con gran coñecemento á historia central do relato: a supervivencia, os enganos e desenganos, a madurez e a realidade en xeral daquela época chea de dor e sufrimento. Non obstante como ben se di na contraportada do libro : ”Tristes armas é sobre todo unha historia de amor”. Unha bonita historia de amor por un país, polo orgullo, por unha muller, pola familia, por conseguir o que sempre soñaran… Todas esas cousas xuntas nun rico relato que non che deixará que cerres o libro ata que non o remates.

O tempo no que se desenvolve a acción vai dende a Guerra Civil española ata remata-la Segunda Guerra Mundial. Pódese dicir que o relato é cerrado xa que o final recondúcenos directamente ó principio, facendo desta historia todo un recordo que non poderemos esquecer.

A obra comeza coa tensa despedida de Harmonía e Rosa (dúas irmás) no peirao do porto onde collerán o barco que as leve cara Rusia. Harmonía e Rosa non pasaron moitos ratos das súas vidas cós seus país debido á guerra. Harmonía era a maior e Rosa a pequena . Elas estaban no orfanato da Nosa Señora do Cristal onde a súa nai e o seu pai deixáranas para poder cumprir có seu cometido na Guerra Civil española. De tal forma que Harmonía tiña que exercer o papel de nai e pai coa súa irmá Rosa.

As súas infancias estiveran cheas de promesas que nunca se chegaban a cumprir como: “Dentro duns meses viremos a buscarvos para poder estar xuntos outra vez” lle dicían os seus país, e despois non había rastro deles. De obrigas que tiñan que cumprir no orfanato e de desexos de poder estar outra vez cós seus pais na súa casiña do campo e vivir unha vidas cheas de alegrías.

Sen embargo a realidade era outra, o seu pai o cal se chamaba Miguel, estaba no fronte no bando dos chamados “roxos” e a súa nai, Carmiña, estaba nos postos de enfermería axudando a todos os feridos e soldados do bando do seu marido. Pasaban moito tempo no campo de batalla reivindicando os seus dereitos nunha guerra que semellaba non ter fin e na cal soamente había odio.

A irmá de Carmiña estaba casada cun home covarde e machista. Ámbolos dous defendían os ideais dos fascistas (unha opinión contraria á de Carmiña e Miguel). Non había relación entre as dúas parellas por non dicir o contacto nulo coas súas sobriñas. Á irmá de Carmiña quería que as nenas quedaran con ela para que non tivesen que emigrar a un país descoñecido e novo no que podían atopar moitos problemas e estarían desprotexidas, segundo defendía ela. Pero Miguel non quería que eles lle metesen ideas contraditorias nas cabezas das súas fillas.

E así chegou o momento no que tiveron que partir naquel cargueiro francés con rumbo a Rusia. A nai das nenas non chegara a tempo para poder despedilas e tiveron que entrar na bodega do barco (onde ían todos os nenos). Ata que unha muller da Cruz Vermella avisounas de que a súa nai chegara pero non puideron saír do barco. O último recordo que lles quedara de Galicia. Harmonía acordouse dunha historia que lles contaban na escola:

“O Mariscal Pardo de Cela e mais o seu fillo estaban condenados a morte e íanlles cortar a cabeza na praza da catedral de Mondoñedo. A dona do mariscal foi falar cos Reis Católicos e conseguiu o indulto. Volveu a toda présa, pero cando estaba chegando á cidade, saíronlle ao paso os seus inimigos, que a entretiveron con enganos na ponte que, dende entón se chamou “do pasa tempo”. Cando puido chegar á praza, rodaban xa polo chan as cabezas do seu marido e do seu fillo”.

Harmonía relacionaba esta historia coa situación que vivira a súa nai, sen poder despedirse delas, sen poder ve-las súas caras por última vez…

Pero non todo serían penas e desgrazas, amarguras e tristuras. Os axudantes da Cruz Vermella coidaban de todos os nenos e nenas moi ben, dábanlles xoguetes, caramelos, pinturas,etc. Pero Rosa non estaba contenta, a situación dáballe medo e non quería apartarse de Harmonía en ningún momento e o único que facía era chorar. Pero algo chamou a atención de Harmonía. Un neno só, sentado nunha esquina que tiña una cara de pena e soidade profunda, un neno que non falaba con ninguén e que o seu nome era León. Este personaxe terá un papel moi importante ó longo da historia.

En Rusia situáronse en Leningrado, nunha casa de acollida onde vivía un muller bastante nova chamada María do Mar. Unha muller encantadora e chea de vitalidade que fixo o que estivo na súa man para poder axudar ás nenas e darlles o mellor. Leningrado era unha cidade preciosa chea de neve; neve… a neve que Harmonía e Rosa nunha viran e que agora tiñan a posibilidade de poder sentila.

Foron á escola onde lles ensinaban moitas cousas para que nun futuro puidesen escoller a carreira que máis lle gustara e poder ter un traballo digno. Quizais acostumarse á escola foi o que máis lle custou a Rosa, choraba case todos os días e debido a iso tivo que estar na mesma clase cá súa irmá aínda que tivera sete anos menos que ela.

Harmonía tiña moitas ganas de escoitar a voz da súa nai, de ve-la súa cara e tamén do seu pai. Tiña ganas de dicirlle todas esas cousas que non lle puidera dicir o día que colleron o barco. E esa oportunidade a tivo na escola. Alí lles mandaron escribir unha carta ós seus pais, Harmonía e Rosa escribiron unha carta no moi longa cun debuxo dunha galiña cós seus pitiños (feito pola máis pequena das dúas). Soamente puideron escribir esa carta xa que tardaban moito tempo en chegar ós seus destinos debido á guerra e ós controis que había.

Pasou o tempo e á cabeza de Harmonía chegou o recordo de León aquel misterioso e solitario neno do barco. Harmonía non sabía se fora casualidade ou non pero León iría ó mesmo colexio que ela. Ela sabía que León non tiña pais porque ninguén o viñera despedir ó peirao e sabía tamén que vivira unha dura situación durante toda a súa vida. Podía dicir que o coñecía.

Pouco tempo despois León instalouse na casa de María do Mar tamén e foi na mesma clase que Harmonía e Rosa. Pouco a pouco fixéronse inseparables e os seus sentimentos ían florecendo có paso do tempo. León e Harmonía namoráronse un do outro pero non se atrevían a dicilo.

Noutro lugar do mundo seguía a difícil vida de Carmiña. Miguel morrera no fronte e as cousas se estaban poñendo moi crúas para as persoas do bando republicano. O lugar no que ela traballaba coma enfermeira estaba nunha zona de moito perigo polo que emigrou a Francia.

Carmiña puido saír de España coa axuda dun xeneral do bando fascista. ¿Por qué a axudou? Porque aínda que foran inimigos na guerra, el gardaba un sentimento de cariño e respecto por Carmiña e sobre todo por Miguel, o cal axudou ó fillo de xeneral a poder escapar dunha morte asegurada no paredón de fusilamento.

Na fronteira entre España e Francia, Carmiña, únese a unha caravana de persoas que marchaban cara Francia. Naquel país tivo que vivir nun campo para exiliados españois da guerra. Aquel lugar era espantoso. Ela só traballaba coma enfermeira para axudar pero sen nada a cambio e máis cá un centro de axuda semellaba un campo de concentración nazi.

Foi a sorte que atopou a unha muller chamada Irene. Irene era unha carteira viúva que viña dunha familia pacifista. Grazas a Irene puido saír daquel campo e saír de Francia para partir cara Arxentina, onde as cousas estaban mellor.

Na noite anterior á partida Carmiña durmiu enriba das sacas de cartas de Irene e máis precisamente empregou coma almofada   a saca onde estaba a carta de Harmonía e de Rosa.

Tempo despois xa habituada á vida en Arxentina e traballando  nalgunhas cousas pero sen obter moitos beneficios, atopou un traballo coma limpadora nunha empresa. Tal foi a sorte de Carmiña que un sábado no que estaba a limpar o despacho dun directivo da empresa atopou na papeleira un sobre con mil dólares. Dubidou entre gardalo para ela o devolvelo. Pero elixiu a segunda opción.

O directivo lle estivo moi agradecido e a ascendeu. Pero non a ascendeu polas súas calidades coma secretaria, senón pola súa radiante beleza. Si, a beleza de Carmiña era fácil de distinguir, aínda que os anos pasaban, non con ela.

E así foi como casou cun empresario americano, co recordo de Miguel, co recordo das súas fillas, co recordo dunha vida enteira entregada á guerra pero sobre todo con moitas ganas de empezar de cero.

A viaxe da carta foi parar ás mans dons controladores de cartas en Madrid e despois ás dos controladores na vila galega onde viviran Harmonía e Rosa. Un deses controladores era o xefe de correos. Un home namorado de Carmiña dende o primeiro momento no que a vira polo que sentía a necesidade de axudala. Levou a carta á casa da irmá de Carmiña, pero o home desta rexeitouna por medo e por inseguridade.

A irmá de Carmiña sabía que a carta era das súas sobriñas polo que pensou que tiña que lela pero ó final non o fixo xa que ela non era a súa irmá e tampouco a nai das nenas polo que preferiu quedar ó marxe e gardarse as súas penas para ela e por enriba de todo, seguir atallando as regras do seu home.

Para Harmonía e Rosa a vida estaba a dar mil e unha voltas. Tiveron que pasar a vivir a Kirov pola Segunda Guerra Mundial e xa estaban máis crecidas. León as protexía e era o seu mellor amigo. Ata que ó fin namorouse de Harmonía.

Rosa quería ser bailarina, unha gran bailarina de ballet. Quería ser coma unha andoriña, coma un cisne. Ser a mellor bailarina do mundo. E así foi, María do Mar axudouna. Primeiro a levou a unhas clases de baile no que a mestra lle ensinaba exercicios ximnásticos pero pensou que tiña que dar outro paso: levala ó Ballet Bolshoi.

Soamente cunha entrevista coa directora Rosa puido entrar na academia e ver cumprido o seu sono. Só coas palabras da directora Rosa comezou a soñar:

“Para ser unha bailarina do corpo de baile é, en efecto, demasiado tarde.. Pero ti podes ser unha estrela; eu podo facer de ti unha estrela. E as estrelas non teñen idade”.

E así, xa pola sorte ou polo destino, por Deus ou pola natureza, todos os personaxes atoparon o seu lugar, o seu sitio na vida. Harmonía e León casaron e tiveron fillos, Rosa casou pero adoptou a unha parella de xemelos, Carmiña e o empresario casaron e tiveron dous nenos. Esta última tivo a sorte de poder ve-la súa filla Rosa bailar e poder falar con ela cando estaba de xira no ballet.

Harmonía e Rosa e mais as súas familias trasladáronse á casa do campo de Galcia e alí a súa carta, a carta coa galiña máis os seus pitiños, chegou a elas a través do neto do xefe de correos. Pero non quixeron abri-la, formaba xa parte do seu pasado e non querían saber nada máis del.

Esta historia converteuse nun recordo inesquecible para a familia, tanto que ós netos de Harmonía pedíanlle que lle contara o relato da carta. Polo que ela deixaba o libro que estaba a ler nese momento, sacaba as gafas e pechaba os ollos recordando:

“Unha neboenta mañá de outono de hai moitos anos, Rosa e mais eu saímos do orfanato da Nosa Señora do Cristal para coller un barco que había levarnos a Rusia…”

Non cabe dúbida algunha de que é unha novela zumarenta, interesante e escrita cunha man sutil e directa á vez. Fai que te convertas en Harmonía, en Rosa, en León, en Carmiña… En calquera dos seus personaxes e que incluso  se te  chegue a escorregar  algunha bágoa pola meixela.

Sinceramente este non é un taco de papeis cun título na portada; este é un libro que fala por se mesmo, que conta os dores que a guerra leva con ela… Dores que cun simple: “Quérote” ou “Sempre estarei ó teu lado” desaparecen de súpeto.

Gardarei esta novela no meu alzadeiro e non precisamente para esquecela, senón para que  se un día non estou de humor e penso que o mundo vénseme enriba, o collerei, o abrirei pola primeira páxina e convertereime en Harmonía, en Rosa, en León… para darme conta de que o amor pode arranxa-lo todo, e se non, pode darte un empuxón.

Marta Ferreira

Reseña Literaria. Tristes Armas

Unha pomba que nunca chegará o seu destino. Unha carta que nunca será entregada. Un papel  que regalaría sorisos e gardaría esperanzas. En definitiva,  unha carta con espirito de pomba branca que debido á guerra nunca saberá dos seus receptores. Unha carta que sobrevivirá a Guerra Civil Española e a Segunda Guerra Mundial ¿Cando foi a última vez que escribiches unha? Unha folla sacada do corazón, escrita coas mans e enviada polo aire. Un papel que atravesa colinas, montes, montañas, ríos, mares pero non sempre consegue atravesar as fronteiras.  Un papel que poderá descubrir a cara de felicidade ou de tristeza da persoa receptora. Un papel que regala sentimentos ou que recolle tristura. Un papel sincero que trata de plasmar a realidade ou a fantasía. Todo depende do autor e do que teña que contar. Exactamente igual que un libro. Un libro coma tristes armas, un libro que che roubará o tempo e que che encollerá o corazón. Un libro que moi lonxe de decepcionarte, conseguirá engancharte ata o punto de acabalo nunha noite.  Un libro que a pesar da súa corta lonxitude, conseguirá mergullarte na vida dos seus protagonistas de maneira que os chegues a coñecer e incluso comprender.

Tristes armas, un título ben escollido para unha obra que narra a cruel realidade dunhas rapazas que apenas sabían o que era a vida pero que tiveron que deixar atrás a súa terra galega e os seus pais. Para protexerse, marchar, esquecer, deixar, abandonar esa vida envolta nunha guerra e poder comezar outra, quizás en mellores condicións, pero sen ninguén que as guiase nese novo mundo. Marcharon naquel barco para Rusia collidas da man, e nas mans restantes levaban coidadosamente os seus angustiados corazóns e  as súas tristes armas.

Elas, pequenas, bonitas, tristes, soas;  Rosa e Harmonía, nenas que deixan a súa infancia no peirao e soben nun barco feitas unhas mulleres. Elas, farán que o teu pensamento quebrante, que o teu corazón se abrande e que os teus beizos pidan máis. Máis lectura, máis acción. Aprenderás a valorar a vida, e a prescindir das cosas innecesarias as que ti nomeas como “importantes”.  Esperarás o momento no que a felicidade chame a súa porta,  no que xa teñan a vida resolta e con ela o seu camiño feito.  Leras ata que a carta que escriben  as dúas nenas cheguen xunto ós seu pais, pero ese papel nunca coñecerá  lector algún.

Estas dúas nenas, convertidas xa en mulleres a pesar da súa escasa idade,  chegaron a Rusia en compañía doutros nenos descoñecidos de aspecto pero coñecidos de sentimentos. Foron coidadas por María do Mar, unha boa muller que traballaba nunha casa de acollida, e ela ocupouse de coidalos como o farían os seus pais. Durante o día ían o colexio e durante a noite, Harmonía (que xa tiñas doce anos e era maior ca Rosa) pensaba en escribir unha carta na que trataría de tranquilizar os seus pais explicándolles que estaban ben e que entendían a súa decisión de mandalas a Rusia para apartalas da guerra mentres eles loitaban contra os comunistas. Efectivamente, os seus pais, Carmiña e Miguel, eran uns loitadores e sabían o que defendían e polo que loitaban. Poucos días despois, aquela carta cun mensaxe claro de apoio foi enviada pero nunca recibida. E así foi pasando a estancia das nenas en Rusia e con ela a súa vida. Pouco a pouco fóronse decatando do que estaba a ocorrer dentro das fronteiras españolas, a guerra que se desatara estaba chegando a súa fin e con ela a vitoria dos nacionais, a morte de Miguel e o exilio de Carmiña a Arxentina en busca dun traballo. A vida dos personaxes vaise desenvolvendo e os seus camiños van marcando un percorrido fixo.

Cando Carmiña chega a Arxentina traballou na limpeza de varias oficinas pero de todas era despedida debido a súa brusca reacción cando os xefes avantaxaban as barreiras da confianza. Un día no que a vida decidiu sorrirlle, encontrou un sobre de diñeiro na papeleira dunha das oficinas e facendo honor a súa honradez decidiu devolvelo ó dono daquel despacho. Este home, comido pola alegría, quixo recompensala e ela pediu que ningún home volvera a pasarse con ela. Así foi, comezaron por un favor e terminaron casados e con dous fillos, vivindo unha vida sen necesidades en Estados Unidos cando comezaba a desatarse a Segunda Guerra Mundial.

Rosa e Harmonía foron crecendo e o único contacto que tiveron coa súa nai foron cartas, cartas nas que prometía felicidade despois da turbulenta guerra. Promesas escritas nun papel de pouco valor pero de moito significado, promesas que dábanlles forzas para continuar. Chegou a hora de decidir o seu futuro e cada unha debía tomar grandes decisións para asegurarse un bo futuro. A primeira foi Rosa, quen despois de reflexionalo decidiu marchar a estudar nunha das mellores escolas de ballet de Rusia, a compañía do Bolshoi. E tomou unha das maiores decisións da súa vida, dedicarse en corpo e alma a un oficio pouco común e moi escravo, a danza.  Harmonía seguiu os pasos de María do Mar, e foi mestra; casou con León, un home do que levaba namorada dende que o viu subir ó barco que se dirixía a Rusia moitos anos atrás. Eles levaron unha boa vida grazas a posición social que adquiriu León no campo da Física.

Na caída do muro de Berlín, e como regalo do vixésimo aniversario de Harmonía, León propuxo a posibilidade de marchar a vivir na casiña galega na que moitos anos atrás viviran Rosa e Harmonía. E alí marcharon todos, en busca do que hai moitos anos deixaron en mans da guerra e da destrución. Todos xuntos desandaron o camiño iniciado polos nenos exiliados cincuenta anos atrás.  E finalmente a carta dunhas nenas exiliadas, a pomba branca que tratou de sobrevoar a guerra, e o papel máis sinceiro xamais escrito por ninguén chegou aquela casiña galega. E chegou as mans das propias escritoras, agora cincuenta anos máis vellas.

E como esta carta chegou finalmente o seu destino, da mesma maneira chegou este libro o meu corazón, a miña conciencia e a miña alma. Ficando na miña memoria cada unha das palabras deste libro. O que empeza mal so podo acabar mellor, e Marina Mayoral, a marabillosa autora deste libro quixo plasmalo dunha forma moi visible. Grazas por este regalo, por esta carta do máis sincera  e por esta pomba branca que non quere senón amosar as atrocidades que pode chegar a causar unha guerra.

Patricia Lojo