Corrección comentario crítico: Barrio Galego

Resumo:

O texto trata sobre a inmigración en Bos Aires e como os inmigrantes traen consigo os seus costumes e estilo de vida, deixando así a súa impronta persoal na cidade e contribuíndo a dar forma a barrios enteiros. Non obstante, un grupo de inmigrantes acada especial relevancia en Bos Aires, a pesar de non ter barrio de seu: os galegos. E non se pode falar dun barrio propio porque a súa pegada esténdese a todas as partes, de xeito máis ou menos visible.

 

Tema:

A importancia dos inmigrantes na conformación das grandes cidades.

 

Comentario crítico:

Estes son algúns dos aspectos que deberías analizar no teu comentario crítico.

1.- Os diferentes destinos da emigración galega segundo as datas:  no século XIX a América, no século XX  e XXI a Europa.

2.- Como estas comunidades galegas manteñen o seu vínculo de unión a través dos Centros Galegos con Galicia.

3.- Igual que outras comunidades de emigrantes tratan de manter a súa identidade a través da cultura e da lingua.

4.- A importancia da emigración galega a América: Cuba, Bos Aires, Montevideo.

5.- A emigración galega a Europa despois de rematada a II Guerra Mundial, sobre todo a Francia e Alemaña, e como participan no desenvolvemento ecómico deses países.

6.- A ruptura familiar que supón a emigración: os nenos quedan a cargo dos seus avós e os seus país marchan a traballar a Europa ou a América.

7.- A boa aceptación que teñen os emigrantes galegos polo mundo en contraste con outras comunidades de emigrantes.

8.- A emigración de galegos con formación académica na actualidade fronte á emigración menos cualificada do século XIX e tamén do XX.

 

 

Corrección comentario crítico: É cousa de mulleres

1. O tema do texto: A desigualdade entre homes e mulleres.

2.  Un posíble título: «A ocultación das mulleres con talento» ou«Onde están as mulleres deportistas?»

3. Temas a tratar no comentario crítico:

  • O trato desigual que se lle dá aos éxito do deporte fenimino: recoñecemento público, primas, repercusión na competición nacional.
  • A presenza escasa de patrocinadores no deporte feminino.
  • A falta de público e o menosprezo que se fai ao deporte feminino.
  • As dificultades que teñen as deportistas para chegar á elite.
  • Cobertura  que lle dan os medios ao deporte feminino.

 

Corrección comentario crítico: Anorexia nerviosa.

1.-  Esquema de ideas:

1. Modelo de beleza actual: delgadeza extrema.

1.1. O mercado poténciao polos beneficios económicos que lles reporta a moitas empresas.

1.2. O desexo de acadar este ideal ten consecuencias moi negativas para a muller: trastornos alimentarios, como a anorexia.

2. Implicacións psicolóxicas da anorexia.

2.1. Insatisfacción persoal.

2.2. Distorsión da imaxe corporal.

2.3. Illamento.

3. Causas da anorexia: moi variadas.

3.1. Dietas sen control profesional.

3.2. Rexeitamento dos cambios propios da adolescencia.

3.3. Anarquía nos horarios e as comidas.

3.4. Conflitos emocionais arredor da alimentación.

4. Consecuencias da anorexia: gran deterioración física e orgánica.

4.1. Desnutrición, caída do cabelo, pel seca e denegrida, unllas crebadizas, amenorrea, osteoporose e lanuxe, insomnio, hipotermia, estrinximento e saciedade precoz, bradicardia, baixadas de tensión arterial, arritmias.

4.2. Nalgúns casos, pódese chegar ao paro cardíaco e á morte.

2.- Ideas para o comentario crítico.

  1. Como o mercado potencia a delgadez extrema: a imaxe que transmiten as modelos; as tallas que impoñen as marcas téxtiles.
  2. Como a presión social desemboca na anorexia: o éxito profesional asociado a unha imaxes; a non aceptación do corpo por medo ás burlas e a que os demais nos rexeiten.
  3. Como afecta á persoa dende o punto de vista psicolóxico e físico: a non aceptación da extrema delgadez malia estar extremadamente delgad@s; o deterioro físico que acaba na morte; non aceptación do problema por parte das vítimas e das familias; o tratamento que a sociedade lle dá á enfermidade.

Contidos Lingua Galega e Literatura de Bacharelato

 

Carteis letras galegas

Carteis realizados polos alumnos de 3º de ESO cos autores homenaxeados nas Letras Galegas.

Parlamento Xove 2014

Final de Torneo de Debate 3º ESO

Javier Ibarra Premio Xaime Illa Couto de narrativa

Parabéns ao alumno de 5º de EP do colexio Javier Ibarra que foi o gañador do certamen de Narrativa Xaime Illa Couto que organiza o Concello de Poio.

Para ter máis información desta nova:

http://www.primaria5atlantico.blogsek.es/2014/05/08/premiados-en-un-concurso-literario/

Autores Homenaxeados nas Letras Galegas (1963-2014)

2014 Xosé María Díaz Castro

2013 Roberto Vidal Bolaño
2012 Valentín Paz Andrade
2011 Lois Pereiro
2010 Uxío Novoneyra
2009 Ramón Piñeiro
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
2007 María Mariño
2006 Manuel Lugrís Freire
2005 Manuel Lorenzo Varela
2004 Xaquín Lorenzo, Xocas
2003 Avilés de Taramancos
2002 Frei Martín Sarmiento
2001 Eladio Rodríguez González
2000 Manuel Murguía
1999 Roberto Blanco Torres
1998 Trobadores da ría de Vigo
1997 Ánxel Fole
1996 Xesús Ferro Couselo
1995 Rafael Dieste
1994 Luís Seoane
1993 Eduardo Blanco Amor
1992 Fermín Bouza-Brey
1991 Álvaro Cunqueiro
1990 Luís Pimentel
1989 Celso Emilio Ferreiro
1988 Ramón Otero Pedrayo
1987 Francisca Herrera Garrido
1986 Aquilino Iglesia Alvariño
1985 Antón Losada Diéguez
1984 Armando Cotarelo Valledor
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1982 Luís Amado Carballo
1981 Vicente Risco
1980 Afonso X o Sabio
1979 Manuel Antonio
1978 Antonio López Ferreiro
1977 Antón Villar Ponte
1976 Ramón Cabanillas
1975 Xoán Manuel Pintos
1974 Xoán Vicente Viqueira
1973 Manuel Lago González
1972 Valentín Lamas Carvajal
1971 Gonzalo López Abente
1970 Marcial Valladares Núñez
1969 Antonio Noriega Varela
1968 Florentino López Cuevillas
1967 Manuel Curros Enríquez
1966 Francisco Añón
1965 Eduardo Pondal
1964 Daniel Rodríguez Castelao
1963 Rosalía de Castro

Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Imagen de previsualización de YouTube